jueves, 20 de junio de 2019

Ao longo de todo o curso, fomos traballando coas plantas medicinais co curso de 4º ESO. En primeiro lugar, elaboramos un modelo de enquisa para obter datos sobre os diferentes usos e características dunha selección de 25 plantas medicinais. Facer clic na foto para ver todas as plantas.


A continuación, o alumnado fixo enquisas a diferentes persoas maiores do seu entorno, coa finalidade de obter a información. Para iso empregouse o formato da gravación.

GRAVACIÓN SARA 1
GRAVACIÓN SARA 2
GRAVACIÓN SARA 3
GRAVACIÓN SARA 4
GRAVACIÓN MARÍA1
GRAVACIÓN MARIA 2
GRAVACIÓN LUISA 1
GRAVACIÓN MARÍA 3
GRAVACIÓN JOSEFA 1
GRAVACIÓN JOSEFA 2

Por último, analizáronse as gravacións, cuxos datos foron pasados a unha folla de cálculo que posteriormente enviamos ao Instituto da Lingua Galega (ILG)
O día 22 realizouse unha andaina co alumnado de 2º de BAC pola "Ruta das Aceas" coa finalidade de fotografiar diferentes plantas medicinais e non medicinais. A continuación, as devanditas fotografías imprimíronse en formato grande e foron expostas polos corredores do centro.





O día 22 de maio asistimos co alumnado de 4º ESO a unha andaina pola "Ruta das Aceas" coa finalidade de identificar e recoller as plantas medicinais coas que previamente traballaramos.






Posteriormente, estas plantas foron expostas na entrada do edificio principal, na zona dedicada á exposición. Ademais, o alumnado realizou fichas de cada planta onde aparecía: o nome científico, os nomes populares galegos, o nome en francés, os fins medicinais e o modo de emprego.  Para alén disto,  a profesora de latín traballou coa etimoloxía das plantas seleccionadas nas súas clases.