lunes, 25 de junio de 2018

Cartas de amor

TRABALLO 4º ESO SOBRE A LECTURA OBRIGATORIA

Fran Alonso, CARTAS DE AMOR, Ed. Xerais, (Colección Fóra de xogo)
ACTIVIDADES PROPOSTAS PARA O ALUMNADO
1.Breve resumo
O seu título pode levar a engano. Non é un libro de temática romántica. Fai uso do estilo epistolar para relatar nove testemuños de mulleres que malia ser vítimas de situacións moi duras na súa vida, loitan por saír adiante mostrando unha gran fortaleza e converténdose en guías do seu futuro.
-“Ilegal” : Ndeye escríbelle á súa cuñada para relatarlle a morte do que era o seu home, o seu irmán na travesía que ambos fixeron en pateira para cegar a España. Ela embarazada chega a Málaga, dende alí busca o contacto que levaban, mais por atoparse soa, descoñecemento do idioma etc, aparece en León onde coñece un perregrín francés que lle aconsella seguir coma el o Camiño de Santiago. É o lugar máis seguro para un sen papeis. O seu neno nace en Portomarín, dende Lugo escribe a carta. Agora aprende o idioma da terra e está baixo a protección de servizos sociais.
-“Desde as tebras” Sabela Piñeiro escríbelle ó seu home Bernal dende Bagdad a onde viaxou como cooperante dunha ON. Agora atópase presa e mesmo teme pola súa vida. Prégalle a Europa e EEUU que diesen os bombardeos nese país para que os liberen.
-“Confesión”- Mónica, unha adolescente que se sente atraída polas rapazas. Confésallo a Clara, a súa mellor amiga, mais teme que isto as separe. Por isto, non se atreve e faino por email.
- “Sahara,améndoa amarga”- Dende o campamento de refugiados do Sahara, besmeh escríbelle ó seu amor Ahmad que está en Cuba.Ela viaxou dende alí onde estudaba, mais tivo que voltar pola alerxia ó clima.
- “Zé , olcán de amor”. Belinha escríbelle ó seu amor xa morto dende Cabo Verde antes de partir cos seus fillos a EEUU. O home marchara para a emigración e nunca volveu , deixando muller e dous fillos, o segundo sen velo nacer. Sabe que marchou fuxido, acusado de matar a súa amante e o mozo. Agora o rapaz que pasou uns anos na cadea asasinouno en Lisboa. Ela que recibira, moitos anos despois de marchar el, unha carta recriminándolle andar con outros homes, decide despedirse del contándolle que marcha para os EEUU cos dous fillos.
- “O que nunca me preguntaches”- a historia dunha prostituta filipina que relata as precariedades sufridas dende nena e como chega ser obrigada a prostituírse.
- “A carta inesperada” que nos pon de manifesto o esquecemento que supón para as familias e para moitas parellas vivir nun país en guerra.
-“A guerra”- Cóntanos as penurias durante a guerra civil en Sarajevo.
-“Lonxe”- supón a historia da emigración . A protagonista viaxa dende Uruguai coa súa familia ata España e iso supón a separación e finalmente a ruptura coa súa parella.

2.Breve cuestionario
-Sorprendeuche o feito de que nas nove historias as protagonistas sexan mulleres?


  • Por que cres que o autor deu voz a estas nove historias con mulleres protagonistas ? Explícao


  • Encadrarías este libro como feminista? Por que?


  • Que entendes por feminismo?


  • Nos testemuños seguintes a protagonista é vítima de abusos?. De que tipo,físicos, psíquicos, ambos…?

  1. «Zé, volcán de amor»
  2. «Lo que nunca me preguntaste»
  3. «Desde las tinieblas»



3. Responde SI ou NON


- Indica se:

es muller
es home

-Consideras a carta que recibiu Belinha do seu home unha proba de amor?

Consideras a carta do home de Belinha unha mostra do seu control sobre ela?

-Cres que na historia “Lonxe”o mozo da protagonista presiona a rapaza?

Cres que mostra o seu gran amor por ela?

- Cres que os secuestros de cooperantes nas ONG son máis frecuentes entre mulleres porque os seus países as cren máis febles e ceden dun xeito máis doado?
4. TRABALLO E EXPOSICIÓN

O alumnado de 4º ESO será repartido en grupos de catro alumnos. Traballarán xuntos 4º Académicas e 4º aplicadas, xa que cada curso ten a súa docente participante no Proxecta. Farán as exposicións en conxunto.
Cada grupo traballará o tema central de cada historia buscando información online nas redes, na biblioteca do centro ou colaborando con outras materias. Así por exemplo:

  • 1º grupo: Sobre “Ilegal” traballarán a inmigración e o acceso a Europa en pateira dende países subdesenvolvidos.
  • 2º grupo: Sobre “desde as Tebras” traballarán e investigarán sobre as ONG , a súa función, integración,etc
  • 3º grupo: Sobre “Confesión” traballarán a homosexualidade e as súas consecuencias.
  • 4º grupo: Sobre “Zé, volcán de amor” traballarán o tema da muller na emigración relacionándoo coa Galicia emigrante que deixou miles de mulleres orfas de pais, homes e fillos.
  • 5º grupo: Sobre “Lonxe “ o tema da emigración (causas e consecuencias sociais, familiares,etc)

Unha vez feito o traballo será exposto diante dos seus compañeiros.


viernes, 15 de junio de 2018

TRIVIAL EN GALEGO



Hoxe as alumnas de 1º BAC ímosvos presentar un traballo en formato dixital e impreso que estivemos a facer na clase de galego para coñecer as diferentes mulleres na historia.
Todos coñecemos a discriminación que durante anos sufriu e segue a sufrir a muller e tamén a nosa lingua. 
Para rematarmos con estes prexuízos nada mellor que dar a coñecer as mulleres da historia e facérmolo en galego.
Se ben facemos hoxe a presentación foi unha longa tarefa dende o comezo do curso e na que contamos coa colaboración de moitos departamentos, profesorado e alumnado sen a cal non sería posible.
Darvos as grazas a todos e a todas pola vosa colaboración e en especial a Castedo por facer posible tamén o formato dixital.


CIENCIA

CULTURA

HISTORIA

LITERATURA

OCIO

XEOGRAFÍA E HISTORIA

martes, 5 de junio de 2018

A muller nas cantigas medievais




"A muller na cantiga de amigo" é un traballo elaborado polos alumnos de 3º ESO (Miguel Montero Mejuto, Eros López Rodríguez, Antonio Rubio García). Preme aquí para velo.