Hoxe as alumnas de 1º BAC ímosvos presentar un traballo en formato dixital e impreso que estivemos a facer na clase de galego para coñecer as diferentes mulleres na historia.
Todos coñecemos a discriminación que durante anos sufriu e segue a sufrir a muller e tamén a nosa lingua.
Para rematarmos con estes prexuízos nada mellor que dar a coñecer as mulleres da historia e facérmolo en galego.
Se ben facemos hoxe a presentación foi unha longa tarefa dende o comezo do curso e na que contamos coa colaboración de moitos departamentos, profesorado e alumnado sen a cal non sería posible.
Darvos as grazas a todos e a todas pola vosa colaboración e en especial a Castedo por facer posible tamén o formato dixital.
CIENCIA
CULTURA
HISTORIA
LITERATURA
OCIO
XEOGRAFÍA E HISTORIA

No hay comentarios:
Publicar un comentario